Mulleres
que contan

Mulleres que Contan é un proxecto de creación audiovisual comunitaria que recolle as voces, experiencias e memorias das mulleres maiores e migrantes de Galicia, dous colectivos que dedicaron e dedican gran parte da súa vida aos coidados.
A través da construción colectiva dun arquivo audiovisual e dun relato común, o proxecto busca visibilizar o valor dos coidados -como un valor esencial nun presente de conflitos e crise climática–, para repensar a súa distribución e implicar –desde o desexo– a outros membros da familia e da comunidade.
Ademais, Mulleres que Contan responde a unha necesidade crecente de contar con espazos de debate onde colectivizar medos e desexos compartidos en torno á vellez, e onde reflexionar xuntas sobre como queremos coidar e ser coidadas no presente e no futuro.







































Mulleres que contan é un proxecto de cooperación impulsado polos Grupos de Desenvolvemento Rural: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, Asociación Miño Ulla, GDR Ribeira Sacra-Courel e Asociación Deloa, en colaboración coa Asociación Cultural Castelo Conta, financiado polo FEADER no marco da Intervención Leader de Galicia (PEPAC 2023-2027).
Está dirixido pola creadora audiovisual Hadriana Casla, do Colectivo Grigri.
ACTUALIDADE
- Avanza o proxecto de cooperación ‘Mulleres que contan’ en Baroña, Manzaneda, Triacastela e Paradela
Castelo Conta 21/09/2025 - Así foi a presentación de ‘Mulleres que Contan’ no Castelo Conta 2025
Castelo Conta 05/09/2025 - Manzaneda acolle o proxecto “Mulleres que Contan” co GDR
La Región 08/08/2025 - Xosé A. Touriñán participa na presentación en Manzaneda do proxecto de cooperación ‘Mulleres que Contan’
Osil.info 05/08/2025 - Triacastela acoge la presentación del proyecto ‘Mujeres que Cuentan’ en el GDR Ribeira Sacra-Courel
Sarria xa 10/08/2025 - Un proyecto para reivindicar la mujer del rural echa a andar en Triacastela
El Progreso 10/08/2025 - Nace ‘Mulleres que contan’: as mulleres de Castelo exportan o seu documental colaborativo
Castelo Conta 09/08/2025
Contacto
Se queres contarnos algunha cousa ou tes interese no proxecto, podes escribirnos a ola@mulleresquecontan.gal